CEIP VIRXE DA BARCA
INFORMACIÓN
Este blog creouse para que os alumnos de 2º de Primaria do CEIP VIRXE DA BARCA teñan á súa disposición as tarefas a realizar cada día durante o período de corentena.
En primeiro lugar, desexo que esteades todos ben e que esta situación remate ó antes posible. Mentres, deixareivos aquí o traballo a facer cada día.
DESCARGA DE TAREFAS
Debaixo do nome de cada día, atoparase detallado o traballo que corresponde facer dito día dividido nas materias do horario escolar.
Por suposto, podedes en calquer momento poñervos en contacto conmigo ante calqueira dúbida ou problema. No final do blog tedes o meu contacto.
Podédeseme enviar tamén as tarefas finalizadas en foto ao correo.
As fichas podedes imprimilas, facelas dende o ordenador ou ben copialas.
PREMER NO BOTÓN "DESCARGAR" para obter as fichas.
MÉRCORES
Matemáticas:
- Facemos xogos matemáticos online (tedes os enlaces no pdf).
- Ficha de sumas empregando a descomposición.
L. Galega:
- Ficha comprensión lectora.
- Visualizamos o vídeo de "Corre corre, cabaciña" e facemos un debuxo sobre o vídeo (como mais vos guste!)
Educación Física:
Máis abaixo atoparedes un video no que se explica a pirámide nutricional. Só tedes que ver o vídeo para despois debuxar vós unha pirámide parecida á que sae nel. (Podedes debuxar os alimentos que vós queirades, pero debedes colocar cada un no lugar correspondente da pirámide).
LUNS 30 NOVEMBRO
Matemáticas:
- Facemos as dúas fichas de resolución de problemas.
L. Castelá:
- Facemos a lectura "El misterio del saco" e contestamos ás preguntas correspondentes.
Ed. Física:
- Sopa de letras de xogos tradicionais empregando o enlace.
- Ficha do xogo tradicional que máis vos guste.
(As instrucións máis detalladas aparecen na ficha correspondente a esta materia)
MARTES 1 DECEMBRO
Matemáticas:
Imos facer unha pequena PROBA (as dúas páxinas que poñen "evaluación" en cor verde). Nesta ocasión, pídovos que o fagades sen axuda. Tedes 1 hora para facela. Ánimo!
L.Castelá:
Faredes unha tarefa dedicada á escritura. "Informar sobre un animal 1, 2 e 3".
Inglés:
Visualizamos o vídeo "La fruta en inglés".
Facemos a ficha das froitas en inglés.
MÉRCORES 2 DECEMBRO
Matemáticas:
- Ficha repaso trimestral (non a tedes que imprimir a cor; para o exercicio 10 podedes miralo dende a pantalla).
L.Galega:
- Facemos unha lectura da folla: "Lembra que..."
-Facemos as dúas fichas de "Para preparar a avaliación"
- Unha vez lido e feito isto, pasamos a facer a PROBA (as dúas páxinas que poñen "avaliación" en cor verde). Nesta ocasión, tamén pídovos que o fagades sen axuda. Non hai límite de tempo.
Educación Física:
- Ficha que consiste en inventar un xogo que poidades poñer en práctica despois cos vosos amigos.
XOVES 3 DE DECEMBRO
Matemáticas:
- Ficha de repaso.
C. Sociais:
- Visualizamos o vídeo "El Sistema Solar" que atopades debaixo.
- Realizamos unha pequena ficha/proba. Facede o que poidades sen axuda (está todo explicado na clase).
Valores:
-Visualizamos o vídeo "El punte" (tamén na zona inferior do blogue).
VENRES 4 DECEMBRO
Matemáticas:
- Ficha labirinto das sumas.
L. Galega:
- Ficha comprensión lectora "A aspironeta".
Inglés:
- Visualizamos o vídeo "My Clothes" (atópase debaixo).
- Facemos unha pequena proba, tratando non mirar, da temática da roupa en inglés.
*Lembrade que non é necesario imprimir a cor e que no caso de non poder imprimir, falades comigo e adaptamos para que se poida facer igualmente.
XOVES 10 DECEMBRO
Matemáticas:
-Visualizamos vídeo propiedade conmutativa. (Atópase debaixo no blogue).
-Facemos a páxina 76 do libro.
C.Sociais:
-Fichas comprensión lectora do Sistema Solar.
Outros:
- Considero esta, a tarefa máis importante de todas. Visualizamos vídeo "Experimento social" e REFLEXIONAMOS. (Atópase debaixo no blogue).
VENRES 11 DECEMBRO
Matemáticas:
-Visualizamos o vídeo das propiedades da suma. (O vídeo atópase debaixo no blogue).
-Páxina 77 do libro.
-Fichas restas.
L.Galega:
- Visualizamos vídeo da historia do Apalpador e facemos lectura da Cantiga. (O vídeo atópase debaixo no blogue).
- Inventamos un conto curtiño do Nadal.
Outros:
- Decoración árbore.
LUNS 14 DECEMBRO
Matemáticas:
- Ficha sumas y restas.
L.Castelá:
- Comprensión lectora e actividades relacionadas.
Outros:
- Visualizamos vídeo do vocabulario en inglés do Nadal.
- O que de tempo do "Chirstmas Activity Book".
As palabras descoñecidas e que non aparezan no vídeo, pódenas buscar en internet, e se non as atopades, preguntádesme.
UNIDADES, DECENAS Y CENTENAS
MONTHS OF THE YEAR
CORRE CORRE, CABACIÑA.
Non vin vella nin velliña, nin velliña nin vellón. Corre corre, cabaciña. Corre corre, cabazón!, respondía á cabaza que ía rodando polo camiño, ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león. Quen estará dentro dela, facendo burla das tres feras? Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño, mais que aínda non fora editado en galego. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.